Datos personales

lunes, 14 de noviembre de 2016



     VISITA A BIBLIOTECA MUNICIPAL DO CORISTANCO

Os nenos e nenas do CRA foron a visitar a Biblioteca Municipal no dia das Bibliotecas. 
Alí estaba esperándonos Maruxa Poppins que nos contou unha morea de contos e nos explicou como funcionaba o préstamo na Biblioteca.









jueves, 13 de octubre de 2016


   
Este ano no CRA NOVO MENCER, imos facer un proxecto moi especial, un proxecto sobre o mar. 
Dende a biblioteca tamén queremos participar, polo tanto embarcarémonos nunha fantástica aventura. 



XA VOS IREMOS CONTANDO...


Ola a todos e a todas!!!
Despois dun descanso volvemos con  moitas ganas de disfrutar da lectura e de facer centos de actividades divertidas. 
Queres acompañarnos?

jueves, 30 de junio de 2016

FESTA FIN DE CURSO

Rematamos o curso con unha festa ben grande!
O tema este curso foi a alimentación saudable.
Fiixemos  un montón de talleres e pasámolo xenial!










miércoles, 18 de mayo de 2016



OS MAIOS

Aí vén o maio
de frores cuberto ...

Puxéronse á porta
cantándome os nenos;
i os puchos furados
pra min estendendo,
pedíronme crocas
dos meus castiñeiros....

                                                                            MANUEL CURROS ENRIQUEZ


No CRA  Novo Mencer,  celebramos os Maios. Os nenos e nenas trouxeron flores e foron facendo pequenas marabillas,  aquí tendes unha pequena mostra. 






martes, 10 de mayo de 2016


ABRIL, O MES DOS LIBROS

Rematou   o mes dos libros. Deixamos unhas mostras das actividades que se levaron a cabo no CRA para celebrar o dia do libro. 

 MESTRES  CONTACONTOS VIAXEIROS

Os mestres do CRA deixaron as súas titorías un momento para ir a contar un conto a outra escola. Despois de facer de contacontos, fixéronlles ós nenos e nenas un agasallo, adiviñades o que era? 
                            
                               UN CONTO!!!

Aqui quedan unhas fotos da actividade.

Sofía, a mestra de Rabadeira,  foi a Feiranova e levou o conto, La ovejita que vino a cenar de Steve Smallman




María,  a mestra de Xaviña, foi a Oca e levou o conto,  Un becho estraño de Mon Daporta.



Miguel, o mestre de Valencia, foi á Rabadeira e levou o conto Soy un Blop de Hervé Tullet.




Marta, a mestra de Oca, foi a Valencia e levou Un becho estraño de Mon Daporta



Silvia, a mestra de Feiranova, foi a Xaviña e levou La pequeña oruga glotona de Eric Carle





INTERCAMBIO DE LIBROS EN FEIRANOVA

Na escola de Feiranova organizaron un pequeno "rastrillo" de libros, os nenos e nenas trouxeron libros da casa para intercambiar cos dos seus compañeiros e compañeiras.
FOI TODO UN ÉXITO!!