Datos personales

miércoles, 18 de mayo de 2016



OS MAIOS

Aí vén o maio
de frores cuberto ...

Puxéronse á porta
cantándome os nenos;
i os puchos furados
pra min estendendo,
pedíronme crocas
dos meus castiñeiros....

                                                                            MANUEL CURROS ENRIQUEZ


No CRA  Novo Mencer,  celebramos os Maios. Os nenos e nenas trouxeron flores e foron facendo pequenas marabillas,  aquí tendes unha pequena mostra. 






martes, 10 de mayo de 2016


ABRIL, O MES DOS LIBROS

Rematou   o mes dos libros. Deixamos unhas mostras das actividades que se levaron a cabo no CRA para celebrar o dia do libro. 

 MESTRES  CONTACONTOS VIAXEIROS

Os mestres do CRA deixaron as súas titorías un momento para ir a contar un conto a outra escola. Despois de facer de contacontos, fixéronlles ós nenos e nenas un agasallo, adiviñades o que era? 
                            
                               UN CONTO!!!

Aqui quedan unhas fotos da actividade.

Sofía, a mestra de Rabadeira,  foi a Feiranova e levou o conto, La ovejita que vino a cenar de Steve Smallman




María,  a mestra de Xaviña, foi a Oca e levou o conto,  Un becho estraño de Mon Daporta.



Miguel, o mestre de Valencia, foi á Rabadeira e levou o conto Soy un Blop de Hervé Tullet.




Marta, a mestra de Oca, foi a Valencia e levou Un becho estraño de Mon Daporta



Silvia, a mestra de Feiranova, foi a Xaviña e levou La pequeña oruga glotona de Eric Carle





INTERCAMBIO DE LIBROS EN FEIRANOVA

Na escola de Feiranova organizaron un pequeno "rastrillo" de libros, os nenos e nenas trouxeron libros da casa para intercambiar cos dos seus compañeiros e compañeiras.
FOI TODO UN ÉXITO!!