ABRIL, O MES DOS LIBROS
Rematou o mes dos libros. Deixamos unhas mostras das actividades que se levaron a cabo no CRA para celebrar o dia do libro.
MESTRES CONTACONTOS VIAXEIROS
Os mestres do CRA deixaron as súas titorías un momento para ir a contar un conto a outra escola. Despois de facer de contacontos, fixéronlles ós nenos e nenas un agasallo, adiviñades o que era?
UN CONTO!!!
Aqui quedan unhas fotos da actividade.
Sofía, a mestra de Rabadeira, foi a Feiranova e levou o conto, La ovejita que vino a cenar de Steve Smallman
María, a mestra de Xaviña, foi a Oca e levou o conto, Un becho estraño de Mon Daporta.
Miguel, o mestre de Valencia, foi á Rabadeira e levou o conto Soy un Blop de Hervé Tullet.
Marta, a mestra de Oca, foi a Valencia e levou Un becho estraño de Mon Daporta
Silvia, a mestra de Feiranova, foi a Xaviña e levou La pequeña oruga glotona de Eric Carle