O mes de abril é un mes moi literario xa que celebramos dúas datas importantes; o 2 de abril que é o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil e o 23 de abril que é o Día do Libro.
Elexiuse para conmemorar o día da literatura infantil a data do 2 de abril por ser o día en que naceu Hans Cristian Andersen que escribiu contos tan coñecidos coma: O patiño feo, O soldadiño de chumbo, A princesa e o chícharo, A sireniña... e moitiiiiiisimos máis.
A data elexida para celebrar o día do libro o 23 de abril foi a data na que morreron Shakespeare e Cervantes, dous dos escritores máis importantes do mundo.
Durante o mes de abril, estade atentos que Willy Book está preparando unha sorpresiña.
SHHHHH non digades nada!
No hay comentarios:
Publicar un comentario