Datos personales

domingo, 3 de abril de 2016

EN ABRIL LIBROS MIL...


O mes de abril é un mes moi literario xa que celebramos dúas datas importantes;  o 2 de abril que é o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil e o 23 de abril que é o Día do Libro.


 Elexiuse para conmemorar o día da literatura infantil a data do 2 de abril por ser o día en que naceu Hans Cristian Andersen que escribiu contos tan coñecidos coma: O patiño feo, O soldadiño de chumbo, A princesa e o chícharo, A sireniña... e moitiiiiiisimos máis.
 A data elexida para celebrar o día do libro o 23 de abril foi a data na que morreron Shakespeare e Cervantes, dous dos escritores máis importantes do mundo.

            
  Durante o mes de abril, estade atentos  que Willy Book está preparando unha  sorpresiña.
                        SHHHHH non digades nada!




sábado, 12 de marzo de 2016

MOCHILAS VIAXEIRAS



Ola a todos e a todas!

Aquí están as mochilas viaxeiras esperando viaxar ás vosas casas.
A partires deste venres, un alumno ou alumna levará a mochila para a casa e terá toda a semana para botarlle un ollo os libros e dvd que leva dentro.

E tende moito coidado! Este curso colouse na mochila un bicho arrepiante. Xa veredes.....




BENVIDOS Á BIBLIOTECA DO CRA NOVO MENCER

Dende esta páxina informaremos sobre as actividades que levamos a cabo na nosa biblioteca, atoparedes recomendacións de lectura así como enlaces a outras páxinas de interese. Contamos tamén coa vosa colaboración para mellorar este espazo de intercomunicación a través das suxerencias e aportacións que enviedes.